Translate

xoves, 28 de decembro de 2017

Os dez maiores descubrimentos científicos do 2017



Bos días a todas e todos. O 2017 está a piques de rematar, pero antes imos repasar a lista que publica a revista Science cos dez maiores descubrimentos científicos deste ano. Tamén figuran os principais  problemas que convulsionaron o mundo ciencia, polo menos en Estados Unidos, durante este ano.

Algúns dos científicos que traballaron nestas investigacións foron galardoados cos Premios Nobel do 2017. Foi o caso de, Rainer Weiss, Barry C. Barish e Kip S. Thorne que levaron o Premio Nobel de Física de 2017 polo descubrimento das ondas gravitacionais.

Tamén Jacques Dubochet, Joachim Frank and Richard Henderson foron premiados co Premio Nobel de Química por poñer a punto técnicas para a obtención de imaxes tridimensionais das biomoléculas, o que se coñece como criomicroscopía electrónica.

En fín, nesta ligazon tedes  a lista de Science en español.

Aínda que o seu descubrimento non figura na lista, o  2 de outubro, os científicos estadounidenses Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young, recibiron o Premio Nobel de Medicina polo descubrimento dos mecanismos moleculares que controlan os ritmos circadianos, é dicir, o reloxo biolóxico.