A maioría de vós xa lle perdestes o medo a escribir e iso nótase nos vosos blogues que empezan a amosar as vosas preferencias e o voso estilo persoal. Noraboa e seguide así. E os demais? Os que aínda non estades convencidos de que podedes escribir un blogue? Pois, aproveitando que hoxe é o día da ciencia, vouvos poñer por escrito as recomendacións das que falamos estas últimas semanas. Non é necesario que a entrada sexa excesivamente longa. Unhas poucas liñas escritas por vós son suficientes. Tede claro que é o que queredes contar e como queredes contalo. Non está de máis que fagades un esquema. Recordade que o texto ten que ter tres partes, a introdución, o corpo e as conclusións. Ordenade as vosas ideas e buscade feitos ou exemplos que as apoien. Despois, empezade a escribir. Cando rematedes, deixade repousar o texto, aínda que só sexa por pouco tempo e volvédeo ler máis adiante. Repasádeo de principio a fin. Engadide texto, quitádello, cambiádeo de posición, comprobade a puntuación, o uso dos verbos e a ortografía.Unha vez terminada a redacción, engadide unha imaxe e unha ligazón que amose as fontes que utilizades e a vosa entrada estará lista. Necesitades máis consellos?Cando empezades?Este é o blogue de Cultura Científica do IES Praia Barraña de Boiro. Ao longo do curso facemos un seguimento da actualidade científica.
Translate
luns, 10 de novembro de 2014
Feliz día da ciencia
A maioría de vós xa lle perdestes o medo a escribir e iso nótase nos vosos blogues que empezan a amosar as vosas preferencias e o voso estilo persoal. Noraboa e seguide así. E os demais? Os que aínda non estades convencidos de que podedes escribir un blogue? Pois, aproveitando que hoxe é o día da ciencia, vouvos poñer por escrito as recomendacións das que falamos estas últimas semanas. Non é necesario que a entrada sexa excesivamente longa. Unhas poucas liñas escritas por vós son suficientes. Tede claro que é o que queredes contar e como queredes contalo. Non está de máis que fagades un esquema. Recordade que o texto ten que ter tres partes, a introdución, o corpo e as conclusións. Ordenade as vosas ideas e buscade feitos ou exemplos que as apoien. Despois, empezade a escribir. Cando rematedes, deixade repousar o texto, aínda que só sexa por pouco tempo e volvédeo ler máis adiante. Repasádeo de principio a fin. Engadide texto, quitádello, cambiádeo de posición, comprobade a puntuación, o uso dos verbos e a ortografía.Unha vez terminada a redacción, engadide unha imaxe e unha ligazón que amose as fontes que utilizades e a vosa entrada estará lista. Necesitades máis consellos?Cando empezades?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario