Translate

venres, 16 de xaneiro de 2015

Martin Hairer autor da Teoría das Estruturas de Regularidade e amante da música rock

Martin Hairer, o matemático capaz de encontrar regularidades no medio do caos
Martín Hairer é un brillante matemático austríaco de trinta e oito anos. Destaca no campo da análise estocástica, unha rama das matemáticas que trata dos procesos que ocorren ao azar, como o crecemento dos cristais. En agosto de 2014 recibiu a Medalla Fields por desenvolver a Teoría das Estruturas de Regularidade.
Esta teoría proporciona as ferramentas matemáticas para resolver unha clase de enigmáticas ecuacións, moi difíciles de comprender: as ecuacións diferenciais parciais estocásticas.Tamén coñecidas polas súas siglas en inglés, SPDE, son muy utilizadas en física e atormentaron durante décadas aos científicos e científicas, pola imposibilidade de darlles unha solución matemática rigorosa.

A Teoría das Estruturas de Regularidade é unha extensión da Análise Matemática. Hai quen compara esta obra maestra das matemáticas coa triloxía "O Señor dos Aneis", porque crea un mundo completamente novo.

Ademais de ser un xenio das matemáticas, a Martin Hairer encántalle a música rock e a programación. De feito é o creador dun potente editor de audio moi utilizado polos DJs, os produtores de música e as compañías de videoxogos, Amadeus.


Quen teña especial interese nas spde pode atreverse con este artigo:
A teoría das Estruturas de Regularidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario