Translate

venres, 16 de xaneiro de 2015

Martin Hairer autor da Teoría das Estruturas de Regularidade e amante da música rock

Martin Hairer, o matemático capaz de encontrar regularidades no medio do caos
Martín Hairer é un brillante matemático austríaco de trinta e oito anos. Destaca no campo da análise estocástica, unha rama das matemáticas que trata dos procesos que ocorren ao azar, como o crecemento dos cristais. En agosto de 2014 recibiu a Medalla Fields por desenvolver a Teoría das Estruturas de Regularidade.
Esta teoría proporciona as ferramentas matemáticas para resolver unha clase de enigmáticas ecuacións, moi difíciles de comprender: as ecuacións diferenciais parciais estocásticas.Tamén coñecidas polas súas siglas en inglés, SPDE, son muy utilizadas en física e atormentaron durante décadas aos científicos e científicas, pola imposibilidade de darlles unha solución matemática rigorosa.

A Teoría das Estruturas de Regularidade é unha extensión da Análise Matemática. Hai quen compara esta obra maestra das matemáticas coa triloxía "O Señor dos Aneis", porque crea un mundo completamente novo.

Ademais de ser un xenio das matemáticas, a Martin Hairer encántalle a música rock e a programación. De feito é o creador dun potente editor de audio moi utilizado polos DJs, os produtores de música e as compañías de videoxogos, Amadeus.


Quen teña especial interese nas spde pode atreverse con este artigo:
A teoría das Estruturas de Regularidade

xoves, 15 de xaneiro de 2015

Rosalind Franklin e o ADN

Rosalind Franklin realizou o difractograma de raios X que permitiu a Watson e Crick descubrir a estrutura secundaria do ADN. O seu nome e a súa aportación crucial ao maior decubrimento científico realizado no século XX, no eido da Bioloxía, foron silenciados durante anos. A súa morte prematura, seguramente provocada pola elevada exposición aos raios X durante as súas investigacións, facilittou esta inxusta ocultación.
Recoméndovos ver esta película documental para descubrir a fascinante historia do descubrimento da dobre hélice. Está en inglés, pero en You Tube podedes vela con subtítulos en inglés, a transcrición non é moi exacta pero axuda.


mércores, 14 de xaneiro de 2015

OlimpiADN

Antes de nada, para empezar esta avaliación, os grupos que participades en OlimpiADN, entrade no blogue do proxecto:

http://olimpiadn.educabarrie.org/

Aquí tedes unha descrición dos kits didácticos. Ánimo