Doodle dedicado a Van Leeuwenhoek |
Google dedicoulle un doodle
a Van Leeuwenhoek o pasado 24 de outubro polo aniversario do seu
nacemento, fai 384 anos. Agora falaremos un pouco deste importantísimo
microbiólogo:
Antoni Van Leeuwenhoek |
A tradución literal do seu nome é “Antonio da esquina
do león”. Thenis Anthoni Fhilipsz Van Leeuwenhoek foi o pai da
microbioloxía. Naceu en Holanda, no ano 1632, na cidade de Delft. O seu
apelido, Leeuwenhoek /leewenhuk/, crese que provén do nome da rúa onde
naceu e viviu a maior parte da súa vida, Leeuwenport, que significa “a
entrada do león”.
Comezou traballando como comerciante
de teas, onde adquiriu o seu interese polo mundo do diminuto, pois
naquela época empregábanse lupas para comprobar a calidade dos tecidos.
Co tempo, traballou para o concello da cidade onde naceu como mensaxeiro
e, máis tarde, como “wijnroeier”, un oficio que consistía en estimar a
cantidade de viño ou outro líquido que había nun recipiente para
calcular a suma de diñeiro que había que debía pagar como imposto o
propietario. Moitos “wijnroeier” facíanse topógrafos, pois os
coñecementos matemáticos que se precisaban eran similares. Así e todo,
Leeuwenhoek tiña bastante tempo libre para investigar o mundo que o
rodeaba.
Carecía case por completo de formación e,
nembargante, precisamente por iso, non tiña os prexuízos anatómicos da
época. Realizaba as súas observacións como as faría un neno. Leeuwenhoek
montou unha lente nunha placa de latón que se sostiña moi preto do
ollo. Mediante un sistema de parafusos observábanse as mostras cun
alfinete. En realidade este primeiro microscopio era unha lupa de
boísima calidade que podía chegar ata 200 aumentos. Grazas a estes
inventos Leeuwenhoek foi o primeiro humano en ver bacterias. Chamounas
“animáculos”.
Precisamente este descubrimento fíxoo enfrontarse á
teoría da xeración espontánea. Tamén foi o descubridor dos glóbulos
vermellos, dos espermatozoides, dos protozoos e dos ciclos vitais dos
insectos.
Microscopio de Leeuwenhoek |
Leeuwenhoek non compartiu con ninguén a
forma de pulir e tallar as lentes, e tampouco deixou instrucións de como
facelo. Era moi posesivo ca súa creación e por iso cando morreu a
técnica desapareceu con el. Tardáronse 200 anos en desenvolver unha
técnica equivalente á súa. Fixo mais de 500 microscopios e destruíu a
maior parte. Nunca vendeu ningún pero pénsase que regalou dous a Reina
María II de Inglaterra, mais nunca se atoparon. Cando morreu chegaron 26
á Royal Society
de Londres que nunca foron empregados e que probablemente se perderon
nun incendio un século despois. Actualmente consérvanse 10 microscopios
de Leeuwenhoek.
Viviu toda a súa vida en Delft e alí
morreu, no 1723, con 90 anos, dunha enfermidade á que lle puxeron o seu
nome, a mioclono respiratorio.
María Jacobs Sánchez. 4º ESO B.