Este é o blogue de Cultura Científica do IES Praia Barraña de Boiro. Ao longo do curso facemos un seguimento da actualidade científica.
Translate
xoves, 26 de febreiro de 2015
martes, 24 de febreiro de 2015
domingo, 22 de febreiro de 2015
Un investigador galego loita en Canadá contra as bacterias resistentes aos antibióticos
César de la Fuente Núñez busca novos antibióticos |
Sabemos que a aparición de resistencia aos antibióticos nas bacterias é un proceso evolutivo contra o que nada podemos facer. Pero tamén somos conscientes de que o mal uso que facemos dos antibióticos contribúe a propagación das cepas resistentes.
Neste momento, tódolos antibióticos coñecidos están perdendo eficacia de maneira gradual. Sen antibióticos, tratamentos médicos que ata agora se realizaban cun mínimo risco de infección serían moi complicados. Pensade nas operacións cirúrxicas importantes, os transplantes, ou algunhas quimioterapias.
Por iso, unha boa parte da investigación biomédica está centrada na búsqueda de novas substancias con propiedades antibacterianas.
O investigador galego César de la Fuente Núñez que traballa na Universidade British Columbia de Vancouver, acaba de descubrir unha molécula, un péptido D, que impide ás superbacterias unirse entre si para formar grandes colonias - chamadas películas biolóxicas ou biofilms - que as protexen contra a acción dos antibióticos tradicionais.
Dispoñer de tratamentos eficaces contra estes patóxenos é fundamental para seguir mantendo controladas as infeccións bacterianas. Os péptidos D van ser clave nesta loita.
sábado, 21 de febreiro de 2015
O prezo do Sovaldi
A hepatite C é unha grave enfermidade emerxente que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.
O virus da hepatite C (VHC) illouse por primeira vez en 1989. Ata ese
momento só se coñecían os virus da hepatite A e a hepatite B, o resto
de hepatites denominábanse non A non B. A maioría destas estaban
causadas polo virus VHC.
Levamos meses oíndo falar de Sovaldi, nome comercial do sofosbuvir, o medicamento que cura ao 90 por cento das persoas enfermas de hepatite C. Esta sería unha noticia fantástica se non fose porque o prezo que a empresa farmacéutica fixou para este medicamento, pode convertilo en inaccesible para a maioría dos afectados.
Mesmo en países, como a maioría dos europeos, onde os cidadáns temos garantizado o acceso practicamente gratuíto os medicamentos, os sistemas sanitarios están tendo problemas para financialo e os enfermos protestan porque temen non recibir o tratamento a tempo.
As empresas farmacéuticas xustifican o prezo que fixan para os seus medicamentos, na necesidade de diñeiro para seguir investigando, mais, neste caso, a empresa Gilead non tivo que realizar un gran gasto en investigación. Comprou a patente. Porén, está obtendo uns beneficios inmensos. Excesivos quizais?
martes, 3 de febreiro de 2015
Primeiro reto: Elemental querido Watson
Montando os pares de bases |
Hai moita actividade estes días no laboratorio. Non paramos de facer modelos de ADN. Uns grupos cos materiais do kit, outros construíndo moléculas de ADN mediante a técnica do origami.
As dobres hélices comezan a tomar forma.
Non esquezades que este primeiro reto consiste en gravar un documental sobre a estrutura do ADN e por que é importante.
Pode ser un vídeo, pero tamén serve un power-point.
Se gravades un vídeo, non esquezades escribir un bo guión e debuxar en viñetas a historia que queredes contar, ou sexa, debuxar o "storyboard".
Podedes utilizar os vídeos gravados na clase, fotografías, escribir un relato, compoñer unha canción ou escribirr unha poesía. Tedes que conseguir transmitir a importancia científica do ADN. Tódalas artes son válidas. Procurade ser orixinais. Tedes de prazo até o 25 de febreiro para completar este primeiro reto. Ánimo e moita sorte nesta aventura científica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)