O cambio climático é, sobre todo, unha consecuencia das emisións de
dióxido de carbono á atmosfera. Cada vez que queimamos combustibles
fósiles producimos este gas e facemos aumentar o efecto invernadoiro e, como consecuencia, a temperatura do planeta.
O 9 de maio de 2013, por primeira vez dende que iniciou o
seu funcionamento en 1958, a estación do observatorio de Mauna Loa mediu concentracións de dióxido
de carbono superiores a 400 ppm. Nunca
antes na historia da humanidade se acadara unha concentración tal alta
deste gas. Para encontrar estes niveis de dióxido de carbono
atmosférico hai que remontarse ao Plioceno,
cando a temperatura do planeta era dous ou tres graos centígrados
superior e o nivel do mar estaba 25 metros por riba do actual.
A este ritmo, en poucas décadas, o mundo podería acadar as 450 ppm, un límite que os expertos das Nacións Unidas, e entre estes, os que forman parte do IPCC, consideran que non debemos superar se non queremos expoñernos a un cambio climático de proporcións catastróficas.
Que podemos facer? Para empezar, diminuír as emisións de CO2, e a continuación, desenvolver as tecnoloxías de captura e almacenamento do CO2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario