Traxectoria da Progress M-27M sobre o ceo de Boiro, o vindeiro 10 de maio |
A Progress M-27M é unha nave espacial rusa encargada de abastecer alimentos, combustible e pezas de reposto á ISS. É noticia porque está fóra de control e axiña entrará de volta na atmosfera e se precipitará sobre o noso planeta. A maioría dos fragmentos se desintegrarán, ao contacto coa atmosfera, pero algunha peza grande e resistente, podería acadar intacta a superficie do planeta e causar unha catástrofe, se caese sobre unha zona habitada.
Está previsto que caia entre o 7 e o 11 de maio. Se non cae antes, o vindeiro domingo, día 10, sobrevoará Boiro, cunha altura máxima de 87º, durante 6 minutos. Esperemos que non pase nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario