A SIDA é unha enfermidade emerxente, descoñecida ata os anos 80 do século pasado. Os primeiros casos diagnosticáronse en Estados Unidos, pero, en pouco tempo, a enfermidade expandiuse por todo o planeta, provocando unha pandemia. O descubrimento do axente causal da enfermidade levouno a cabo un equipo de investigadores do Instituto Pasteur, liderado por Luc Montagnier e Françoise Barré-Sinoussi. Conseguiron illar o virus da inmunodeficiencia humana (VIH). Esta investigación foi premiada co Premio Nobel de Medicina en 2008. Como o seu nome indica, este virus vai destruíndo as células do sistema inmune da persoa infectada que queda desprotexida contra todo tipo de enfermidades. A enfermidade acaba provocando a morte.
Cando unha persoa está infectada polo VIH, pode transmitilo a través do sangue, o seme, as secrecións vaxinais e o leite materno.
O virus VIH non se transmite a través da saliva, as feces, a urina, a suor ou as bágoas.
A prevención é fundamental, porque a infección por VIH non ten cura nin vacina.
Aínda así, unha persoa diagnosticada a tempo, convenientemente tratada e cun estilo de vida saudable pode mellorar as súas expectativas de supervivencia.

O obxectivo de ONUSIDA para os próximos cinco anos resúmese como 90-90-90:
- 90% de persoas con VIH diagnosticadas.
- 90% de persoas diagnosticadas de VIH, seropositivas, con acceso ao tratamento.
- 90% de persoas tratadas, conseguindo represión viral efectiva.
E discriminación cero para a persoa diagnosticada con VIH.
Ningún comentario:
Publicar un comentario