O código europeo contra o cancro está centrado no que cada un de nós pode facer para previr o cancro, pero tamén nos recorda que para que a prevención do cancro teña éxito, as accións individuais necesitan o apoio das accións e políticas dos gobernos.
1) Non fumes. Non utilices ningunha forma de tabaco.
2) Procura que a túa casa estea libre de fume. Apoia as políticas para eliminar o fume nos lugares de traballo.
3) Toma medidas para ter un peso saudable.
4) Se fisicamente activo/a na túa vida diaria. Limita o tempo que pasas sentado/a.
5) Toma unha dieta saudable:
- Come cereais integrais, legumes, verduras e froitas.
- Limita os alimentos hipercalóricos (ricos en azucre e graxas) e evita as bebidas azucradas.
- Evita as carnes procesadas, limita as carnes vermellas e as comidas ricas en sal.
7) Evita tomar moito o sol. Usa protección solar. Non te broncees en soláriums.
8) No posto de traballo, protéxete contra as substancias canceríxenas seguindo as instrucións de saúde e seguridade.
9) Descubre se estás exposto á radiación procedente dos altos niveis de radón da túa casa. Toma medidas para reducir os niveis de radón.
10) Para as mulleres:
- Amamantar reduce o risco de cancro da nai.
- As terapias de reemplazamento hormonal incrementan o risco de certos cancros.
- Hepatite B (para recén nacidos)
- Virus do papiloma humano (rapazas)
- Cancro de colon (homes e mulleres)
- Cancro de mama (mulleres)
- Cancro de colo uterino (mulleres)
Ningún comentario:
Publicar un comentario