Translate

martes, 3 de febreiro de 2015

Primeiro reto: Elemental querido Watson

Montando os pares de bases

Hai moita actividade estes días no laboratorio. Non paramos de facer modelos de ADN. Uns grupos cos materiais do kit, outros construíndo moléculas de ADN mediante a técnica do origami.
As dobres hélices comezan a tomar forma.
Non esquezades que este primeiro reto consiste en gravar un documental sobre a estrutura do ADN e por que é importante.
Pode ser un vídeo, pero tamén serve un power-point.
Se gravades un vídeo, non esquezades escribir un bo guión e debuxar en viñetas a historia que queredes  contar, ou sexa, debuxar o "storyboard".
Podedes utilizar os vídeos gravados na clase, fotografías, escribir un relato, compoñer unha canción ou escribirr unha poesía. Tedes que conseguir transmitir a importancia científica do ADN. Tódalas artes son válidas. Procurade ser orixinais. Tedes de prazo até o 25 de febreiro para completar este primeiro reto. Ánimo e moita sorte nesta aventura científica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario