A hepatite C é unha grave enfermidade emerxente que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.
O virus da hepatite C (VHC) illouse por primeira vez en 1989. Ata ese
momento só se coñecían os virus da hepatite A e a hepatite B, o resto
de hepatites denominábanse non A non B. A maioría destas estaban
causadas polo virus VHC.
Levamos meses oíndo falar de Sovaldi, nome comercial do sofosbuvir, o medicamento que cura ao 90 por cento das persoas enfermas de hepatite C. Esta sería unha noticia fantástica se non fose porque o prezo que a empresa farmacéutica fixou para este medicamento, pode convertilo en inaccesible para a maioría dos afectados.
Mesmo en países, como a maioría dos europeos, onde os cidadáns temos garantizado o acceso practicamente gratuíto os medicamentos, os sistemas sanitarios están tendo problemas para financialo e os enfermos protestan porque temen non recibir o tratamento a tempo.
As empresas farmacéuticas xustifican o prezo que fixan para os seus medicamentos, na necesidade de diñeiro para seguir investigando, mais, neste caso, a empresa Gilead non tivo que realizar un gran gasto en investigación. Comprou a patente. Porén, está obtendo uns beneficios inmensos. Excesivos quizais?
Ningún comentario:
Publicar un comentario