Hoxe imos compartir con vós unha das actividades máis emocionantes que realizamos durante o Intercambio Climático con Canarias. Os 20 alumnos galegos do IES
Virxe de Mar de Noia, do IES Poeta Añón de Outes, do IES Praia Barraña de Boiro,
do IES Rosalía de Castro de Santiago e do CIP dos Dices de Rois, e os seus
pares de intercambio, desprazáronse ás 8:30 do martes 16 de marzo de 2016 para
estudar a recuperación do fondo oceánico do Puertito de Adeje que se está a levar
a cabo dende o ano 2009 no marco proxecto Océano Sostenible.
Cada alumno descendeu 10 metros de profundidade ata visualizar ben o
fondo. Para facelo tivo á súa disposición o equipamento necesario para o
mergullo con botellas de aire e en todo momento estivo acompañado por un mergullador
do proxecto Océano Sostenible. Durante o descenso observaron a fauna,
formacións rochosas e algas do fondo recollendo imaxes de foto fixo e de vídeo.
Na organización da actividade o grupo dividiuse en catro equipos de traballo de
10 estudantes cada equipo.
Antes de iniciar o mergullo os 40 alumnos implicados no intercambio
recibiron a visita da Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Adeje, quen
deu a benvida aos alumnos e presentou a aula do mar que están a impulsar dende
o concello no marco do proxecto Océano Sostenible. Con motivo desta visita, os
alumnos procederon a desenvolver un acto simbólico para lembrar a participación
de Climántica 2016 nesta actividade nas costas de Adeje. Este acto consistiu na
liberación dunha pardela e dunha tartaruga que recuperaron os servizos
veterinarios da aula do mar. No caso da tartaruga analizouse o complexidade da
recuperación, pois a intervención consistiu en reparar os danos que lle
ocasionou unha hélice dun barco, requirindo dunha reparación mediante o uso de
fibra de vidro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario