Translate

martes, 15 de novembro de 2016

Vostok 1

Vostok 1
A misión espacial Vostok 1 foi a primeira do programa espacial soviético. Nela ía a primeira persoa en saír ó espazo exterior, Yuri Gagarin. O voo durou 108 minutos en total, 9 minutos en entrar en órbita e o resto do tempo tiña que falar por radio e probar a comida. Foi tamén a primeira persoa en probar a comida no espazo. Isto era algo que preocupaba especialmente aos    científicos,    pois   querían
comprobar se en ausencia de gravidade unha persoa podía sentir e comportarse normalmente. Foi entón cando pronunciou a
súa famosa frase “A Terra é azul. Que bonita. É incrible”.
A parte máis perigosa da viaxe foi o aterraxe, pois a nave debía desprenderse dunha parte para non converterse nunha bola de lume ao atravesar a atmosfera. Nembargante o sistema automático que debía realizar o proceso fallou e a cápsula xirou violentamente durante 10 minutos fora de control.   A   vida   de   Gagarin   corría perigo.
Yuri Gagarin
Afortunadamente a calor xerada durante a entrada na atmosfera debilitou o sistema que mantiña unidas as partes do foguete e liberou a cápsula con Gagarin no seu interior. Continuou descendendo ata que, preto do Mar Negro, saltou en paracaídas a 7.000 metros de altura. Aínda que non aterrou na rexión correcta, non houbo maiores complicacións. Despois desta cósmica aventura ascenderon a Yuri de tenente segundo a maior.
Isto ocorreu cando a URSS estaba en plena carreira espacial cos EEUU, tras a II Guerra Mundial e no transcurso da Guerra Fría entre estes dous países que a precedeu. A Roscosmos elaborou unha liña do tempo dedicada a tódolos pioneiros do espazo e ós investigadores, que vai dende o ano 1959 a o 2015.

María Jacobs Sánchez. 4º ESO B.

Ningún comentario:

Publicar un comentario