Translate

luns, 14 de novembro de 2016

Non vos perdades a superlúa desta noite


Datos para a observación da superlúa do14 de novembro de 2016 dende Boiro
Hoxe, teremos lúa chea no ceo. Sairá ás 18:41, será a máis grande dende 1948 e non veremos outra igual ata o ano 2034. Será unha superlúa porque coincidirá co perixeo. Así que aproveitade a situación anticiclónica, buscade un sitio con pouca contaminación lumínica e gozade do espectáculo. Déixovos un enlace con esta páxina, Heavens Above, que vos axuda a localizar todo tipo de corpos  celestes do Sistema Solar e os satélites artificiais e as estacións espaciais das que estivemos falando estes días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario