Na noite do domingo ao luns, se o ceo está despexado, veremos unha eclipse total de superlúa.
Para nós o horario da eclipse será este:
- Comezo da eclipse parcial: 3:07h
- Comezo da eclipse total: 4:11h
- Máximo da eclipse 4:47h
- Final da eclipse total 5:23h
- Final da eclipse parcial 6:27
As eclipses orixínanse pola traslación da Lúa arredor da Terra. Aparecen cando a Terra ou a Lúa, se bloquean temporalmente a chegada da luz do Sol a unha á outra. Así, ás veces, durante a Lúa nova, a sombra da Lúa cae sobre a Terra e prodúcese unha eclipse de Sol. Outras, durante a Lúa chea, a sombra da Terra proxéctase sobre a Lúa e orixina unha eclipse de Lúa.
Unha eclipse só pode producirse cando o Sol, a Lúa e a Terra están perfectamente aliñados.
Como a órbita da Lúa non está no mesmo plano que a órbita da Terra, as eclipses de Lúa prodúcense moi poucas veces ao longo do ano.
A eclipse de Lúa comeza cando a Lúa entra na penumbra da Terra. Cando entra por completo na umbra, escurécese e ten lugar unha eclipse total de Lúa. Ás veces, a curvatura da luz ao atravesar a atmosfera fai que a Lúa se vexa vermella.
Recoméndovos que poñades o espertador para un pouco antes do máximo e vos levantedes a velo. Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario