Stephen Hawking experimentando a gravidade cero |
E se no lo explicara Stephen Hawking? Que por que el? Por moitas razóns. Porque revolucionou a Física durante a segunda metade do século XX, porque seguramente vistes a película sobre a súa vida, "A teoría do todo", porque é un gran divulgador científico, porque é moi posible que este ano reciba, por fin, o Premio Nobel de Física, en fin, por moitas razóns.
Pero, sobre todo, porque hai 26 anos, cando recibiu o Premio Príncipe de Asturias da concordia, pronunciou un discurso no que deixou moi clara a importancia da cultura científica na sociedade actual. Recoméndovos que o leades con atención.
"Gustaríame dicir
algunhas palabras sobre a consciencia e actitudes públicas ante a ciencia e a
tecnoloxía. Gústenos ou non, o mundo no que vivimos cambiou moito no último
século, e probablemente cambiará aínda máis nos próximos cen anos.
A algúns gustaríalles
deter estes cambios e volver ao que eles consideran unha época máis pura e máis
simple. Pero a historia ensina que o pasado non foi tan marabilloso. Non foi
tan malo, é certo, para unha pequena minoría privilexiada, aínda que tamén eles
careceron dos beneficios da medicina moderna e mesmo os partos constituían un
alto risco para as mulleres. Para la maioría da poboación a vida era sórdida,
brutal e curta.
En calquera caso,
aínda que un o quixese non podería retrasar o reloxo do tempo cara a unha época
anterior. O coñecemento e las técnicas non poden ser relegados ao esquecemento
nin se poden impedir máis avances no futuro. Mesmo se todo o presuposto gobernamental
para a investigación se suprimise, a forza da competencia entre as empresas
traería avances tecnolóxicos. Tampouco ninguén podería impedir que as mentes
inquisitivas pensaran sobre as ciencias básicas, aínda que non se lles pagase
por facelo. O único camiño para evitar novos avances sería un estado mundial
totalitario, que suprimise calquera innovación. Pero a iniciativa e o enxeño
humanos son tales que non terían éxito. Todo o que lograrían sería diminuír o
ritmo do cambio.
Se admitimos que non
é posible impedir que a ciencia e a tecnoloxía cambien o mundo, podemos polo
menos intentar que eses cambios se realicen na dirección correcta. Nunha
sociedade democrática, isto significa que os cidadáns necesitan ter uns coñecementos
básicos das cuestións científicas, de modo que poidan tomar decisións
informadas e non depender unicamente dos expertos. Hoxe en día, a sociedade ten
unha actitude ambivalente con respecto á ciencia. Dáse por feito o continuo
aumento do nivel de vida, froito dos novos avances da ciencia e a tecnoloxía.
Mais tamén se desconfía da ciencia porque non se entende. Esta desconfianza
reflíctese na caricatura do científico louco, traballando no seu laboratorio para
producir un Frankenstein. E é tamén un elemento importante do apoio que teñen os
partidos verdes. Pero, por outra parte, a xente ten un gran interese polos
asuntos científicos, particularmente a astronomía, como o demostra a enorme
audiencia que teñen as series de televisión sobre o cosmos, ou de ciencia
ficción.
Que se pode facer
para aproveitar ese interese e dar aos cidadáns a educación científica que
necesitan para tomar decisións informadas en temas como a "chuvia
ácida", o "efecto invernadoiro", as armas nucleares ou a
enxeñería xenética? Claramente, a base debe estar no que se ensina nos colexios.
Pero a ciencia, no ensino escolar, é presentada a miúdo dun modo árido e sen interese.
Os nenos a aprenden de memoria para aprobar os exames, pero non ven a súa
importancia no mundo que os rodea. Ademais, a ciencia ensínase a miúdo en forma
de ecuacións. E aínda que as ecuacións son unha forma concisa e exacta de
escribir ideas matemáticas, ao mesmo tempo atemorizan á maior parte da xente. Cando
escribín recentemente un libro de divulgación científica, fun advertido que
cada ecuación que incluíse rebaixaría as vendas á metade. Incluín unha soa, a
máis famosa de Einstein, E=mc2. Quizais tería vendido o dobre sen ela.
Científicos e enxeñeiros
tenden a expresar as súas ideas en forma de ecuacións, porque necesitan coñecer
os valores exactos das cantidades. Pero para outras persoas unha comprensión substancial
dos conceptos científicos é suficiente. E isto pode expresarse mediante
palabras e diagramas, sen o uso de ecuacións.
A ciencia que a
xente aprende nos colexios pode proporcionarnos un marco básico. Pero o ritmo
do progreso científico é agora tan rápido, que sempre hai novos avances que
xurdiron despois de que un deixou a escola ou a universidade. Eu nunca aprendín
nada sobre bioloxía molecular ou transistores no colexio, e porén a enxeñería xenética
e las computadoras son dous dos avances que probablemente cambiarán máis a nosa
forma de vivir no futuro. Libros populares e artigos das revistas sobre ciencia
poden axudar a coñecer novos avances. Pero incluso o máis exitoso libro de
divulgación é lido só por unha pequena parte da poboación. Unicamente a
televisión pode conseguir unha audiencia masiva. Hai moi bos programas científicos
na televisión, pero algúns só presentan as marabillas científicas como algo máxico,
sen explicalas ou sen mostrar como encaixan no marco da ciencia. Os produtores
de programas científicos para a televisión deberían comprender que teñen a responsabilidade
de educar ao público, e non soamente de entretelo.
Cales son os temas
científicos sobre los cales a xente deberá tomar decisións no futuro? Sen
dúbida, o máis urxente é o das armas nucleares. Outros problemas globais, como
o subministro de alimentos ou o "efecto invernadoiro", teñen un
desenvolvemento relativamente lento. En cambio, unha guerra nuclear podería
significar en poucos días o fin de toda a vida humana sobre a Terra. A
distensión entre o Leste e o Oeste, iniciada por Mr. Gorbachov e a Perestroika, significou que o perigo dunha guerra
nuclear desvaneceuse na conciencia dos cidadáns. Pero o perigo segue aí mentres
existan armas suficientes para destruír varias veces o noso mundo. As armas
soviéticas e americanas continúan programadas para atacar as principais cidades
do hemisferio norte. Bastaría un erro de ordenador ou unha rebelión das persoas
encargadas dos mísiles, para iniciar unha guerra global. É moi importante que a
sociedade comprenda o perigo, e presione a tódolos gobernos para conseguir acordos
de redución de armamento. Probablemente non sería práctico suprimir por
completo as armas nucleares, pero si podemos diminuír o perigo ao reducir o seu
número.
Se logramos evitar
unha guerra nuclear, aínda quedan outros perigos que poderían destruírnos. hai
un chiste de humor negro que di que o motivo de que non teñamos sido contactados
por una civilización allea á nosa, é porque as civilizacións tenden a destruírse
a si mesmas cando alcanzan o noso nivel. Non obstante, eu teño suficiente fe
nos homes para crer que isto non será así.
Unha vez más,
gustaríame dar as grazas ao Príncipe de Asturias e á súa Fundación polo Premio
da Concordia, 1989.
Á miña esposa e a min
gustounos vir a España, e sentímonos honrados por ter recibido o Premio. “
Que vos parece?
Ningún comentario:
Publicar un comentario