Pode que o topónimo Boiro veña da palabra boira que significa néboa. Inda por riba, para nós, a eclipse de superlúa vai ter o seu máximo na madrugada do luns. Que pasa se a néboa, ou o sono (ás catro da madrugada dun luns, o ideal é estar durmindo) non nos permiten ver a eclipse?
Pois que podemos botar man da tecnoloxía e descargarnos este predictor e simulador de eclipses para Android (para IOS debe haber o equivalente no App store) e ver comodamente a eclipse, cando mellor nos veña.
Aquí tedes o enlace para descargalo no voso teléfono móbil:
Aquí tedes o enlace para descargalo no voso teléfono móbil:
https://play.google.com/store/apps/details?id=calcEclipsi.src
Sexa en directo ou por Internet...non vola perdades!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario