Translate

xoves, 28 de decembro de 2017

Os dez maiores descubrimentos científicos do 2017



Bos días a todas e todos. O 2017 está a piques de rematar, pero antes imos repasar a lista que publica a revista Science cos dez maiores descubrimentos científicos deste ano. Tamén figuran os principais  problemas que convulsionaron o mundo ciencia, polo menos en Estados Unidos, durante este ano.

Algúns dos científicos que traballaron nestas investigacións foron galardoados cos Premios Nobel do 2017. Foi o caso de, Rainer Weiss, Barry C. Barish e Kip S. Thorne que levaron o Premio Nobel de Física de 2017 polo descubrimento das ondas gravitacionais.

Tamén Jacques Dubochet, Joachim Frank and Richard Henderson foron premiados co Premio Nobel de Química por poñer a punto técnicas para a obtención de imaxes tridimensionais das biomoléculas, o que se coñece como criomicroscopía electrónica.

En fín, nesta ligazon tedes  a lista de Science en español.

Aínda que o seu descubrimento non figura na lista, o  2 de outubro, os científicos estadounidenses Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young, recibiron o Premio Nobel de Medicina polo descubrimento dos mecanismos moleculares que controlan os ritmos circadianos, é dicir, o reloxo biolóxico.


venres, 23 de decembro de 2016

O home que coñecía o infinito

Espero que vos guste este film que conta a historia de Ramanujan, un xenio hindú das matemáticas que vía relacións entre números e formas de calcular que non se lle ocorreran a ninguén. Destacou en como expresar un número natural como combinación de números naturais. Felices Festas!


martes, 15 de novembro de 2016

Vostok 1

Vostok 1
A misión espacial Vostok 1 foi a primeira do programa espacial soviético. Nela ía a primeira persoa en saír ó espazo exterior, Yuri Gagarin. O voo durou 108 minutos en total, 9 minutos en entrar en órbita e o resto do tempo tiña que falar por radio e probar a comida. Foi tamén a primeira persoa en probar a comida no espazo. Isto era algo que preocupaba especialmente aos    científicos,    pois   querían
comprobar se en ausencia de gravidade unha persoa podía sentir e comportarse normalmente. Foi entón cando pronunciou a
súa famosa frase “A Terra é azul. Que bonita. É incrible”.
A parte máis perigosa da viaxe foi o aterraxe, pois a nave debía desprenderse dunha parte para non converterse nunha bola de lume ao atravesar a atmosfera. Nembargante o sistema automático que debía realizar o proceso fallou e a cápsula xirou violentamente durante 10 minutos fora de control.   A   vida   de   Gagarin   corría perigo.
Yuri Gagarin
Afortunadamente a calor xerada durante a entrada na atmosfera debilitou o sistema que mantiña unidas as partes do foguete e liberou a cápsula con Gagarin no seu interior. Continuou descendendo ata que, preto do Mar Negro, saltou en paracaídas a 7.000 metros de altura. Aínda que non aterrou na rexión correcta, non houbo maiores complicacións. Despois desta cósmica aventura ascenderon a Yuri de tenente segundo a maior.
Isto ocorreu cando a URSS estaba en plena carreira espacial cos EEUU, tras a II Guerra Mundial e no transcurso da Guerra Fría entre estes dous países que a precedeu. A Roscosmos elaborou unha liña do tempo dedicada a tódolos pioneiros do espazo e ós investigadores, que vai dende o ano 1959 a o 2015.

María Jacobs Sánchez. 4º ESO B.

La Teoría de Cuerdas

LA TEORÍA DE CUERDAS
Resultado de imagen de teoria de cuerdas

La formulación de una teoría de cuerdas se debe a Jöel Scherk y John Henry Schwarz, que en 1974 publicaron un artículo en el que mostraban que una teoría basada en objetos unidimensionales o "cuerdas" en lugar de partículas puntuales podía describir la fuerza gravitatoria.
Resultado de imagen de Jöel Scherk y John Henry Schwarz
La teoría de cuerdas es un modelo físico que trata de unificar todas las fuerzas de la naturaleza.
                                        “Una teoría para gobernarlas a todas”
Actualmente se conocen cuatro tipos de fuerzas que son las que se están intentando unificar: la gravedad, el electromagnetismo y las dos fuerzas de los átomos las fuerzas nucleares débiles y las fuertes.
 La gravedad es una deformación de la geometría del espacio tiempo representada en la imagen anterior como una maya que es deformada por la tierra. Además puesto que la tierra gira, esta curvatura se distorsiona hasta un vórtice poco profundo.
Ahora, incluso la teoría de Einstein parece que no ofrece una explicación completa, ya que la mecánica cuántica es incompatible con la teoría de Einstein ya que cuando estas dos teorías se usan conjuntamente, las ecuaciones combinadas producen soluciones sin sentido.
Ante está problemática surge la teoría de las cuerdas, como una imaginativa solución que podría funcionar.
Dicha teoría describe a todas las diversas partículas fundamentales como manifestaciones diferentes de una partícula básica “una cuerda”.
Estas cuerdas oscilarían, y según la manera en que lo hiciesen se formarían unas partículas u otras.
Así pues según esta teoría, absolutamente todas las particulas estarían formadas por un mismo elemento, las cuerdas.
Resultado de imagen de 11 dimensiones del universoResultado de imagen de 11 dimensiones del universo
.Así pues según esta teoría, absolutamente todas las particulas estarían formadas por un mismo elemento, las cuerdas.
Para que esto pueda ser posible, la teoría de las cuerdas necesita ampliar las cuatro dimensiones que conocemos (las tres espaciales y el tiempo), pero aquí hay disparidad de opiniones, unos opinan que serían necesarias hasta 11 dimensiones diferentes y otros que con 10 serían suficientes. 
La forma de explicar la existencia de estas dimensiones suplementarias y que no se hayan descubierto todavía es que estas dimensiones estarían dentro de las cuatro fundamentales pero no reconocibles por que se darían a nivel subatómico .      
A la hora de definir la teoría de las cuerdas, de hecho existen cinco variantes:
  • La teoría de cuerdas tipo I, donde aparecen tanto "CUERDAS" y D-branas abiertas como cerradas, que se mueven sobre un espacio-tiempo de 10 dimensiones. Las D-branas tienen 1, 5 y 9 dimensiones espaciales.
Resultado de imagen de D-branas teoria cuerdas
  • La teoría de cuerdas tipo IIA, es también una teoría de 10 dimensiones pero que emplea sólo cuerdas y D-branas cerradas. Incorpora dos gravitines (partículas teóricas asociadas al gravitón mediante relaciones de supersimetría). Usa D-branas de dimensión 0, 2, 4, 6, y 8. 
  • La teoría de cuerdas tipo IIB. La teoría de cuerdas  heteróclita-O, basada en el grupo de simetría O(32). 
  • La teoría de cuerdas heteróclita-E, basada en el grupo de Lie excepcional E8. Fue propuesta en 1987 por Gross, Harvey, Martinec y Rohm.

Resultado de imagen de tipos de teoria de cuerdas

Controversia sobre la teoría

Aunque la teoría de cuerdas, según sus defensores, pudiera llegar a convertirse en una de las teorías físicas más predictivas, capaz de explicar algunas de las propiedades más fundamentales de la naturaleza en términos geométricos, los físicos que han trabajado en ese campo hasta la fecha no han podido hacer predicciones concretas con la precisión necesaria para confrontarlas con datos experimentales. 
Dichos problemas de predicción se deberían, según el autor, a que el modelo no es falsable, y por tanto, no es científico,o bien a que
 «La teoría de las supercuerdas es tan ambiciosa que sólo puede ser del todo correcta o del todo equivocada. El único problema es que sus matemáticas son tan nuevas y tan difíciles que durante varias décadas no sabremos cuáles son».

Resultado de imagen de gif de teoria de cuerdas


Aquí os dejo unos lingazones sobre la teoría de cuerdas:

luns, 14 de novembro de 2016

Non vos perdades a superlúa desta noite


Datos para a observación da superlúa do14 de novembro de 2016 dende Boiro
Hoxe, teremos lúa chea no ceo. Sairá ás 18:41, será a máis grande dende 1948 e non veremos outra igual ata o ano 2034. Será unha superlúa porque coincidirá co perixeo. Así que aproveitade a situación anticiclónica, buscade un sitio con pouca contaminación lumínica e gozade do espectáculo. Déixovos un enlace con esta páxina, Heavens Above, que vos axuda a localizar todo tipo de corpos  celestes do Sistema Solar e os satélites artificiais e as estacións espaciais das que estivemos falando estes días.

venres, 28 de outubro de 2016

Antoni Van Leeuwenhoek, descubridor da vida microscópica

Doodle dedicado a Van Leeuwenhoek

Google dedicoulle un doodle a Van Leeuwenhoek o pasado 24 de outubro polo aniversario do seu nacemento, fai 384 anos. Agora falaremos un pouco deste importantísimo microbiólogo:

Antoni Van Leeuwenhoek
A tradución literal do seu nome é “Antonio da esquina do león”. Thenis Anthoni Fhilipsz Van Leeuwenhoek foi o pai da microbioloxía. Naceu en Holanda, no ano 1632, na cidade de Delft. O seu apelido, Leeuwenhoek /leewenhuk/, crese que provén do nome da rúa onde naceu e viviu a maior parte da súa vida, Leeuwenport, que significa “a entrada do león”.

Comezou traballando como comerciante de teas, onde adquiriu o seu interese polo mundo do diminuto, pois naquela época empregábanse lupas para comprobar a calidade dos tecidos. Co tempo, traballou para o concello da cidade onde naceu como mensaxeiro e, máis tarde, como “wijnroeier”, un oficio que consistía en estimar a cantidade de viño ou outro líquido que había nun recipiente para calcular a suma de diñeiro que había que debía pagar como imposto o propietario. Moitos “wijnroeier” facíanse topógrafos, pois os coñecementos matemáticos que se precisaban eran similares. Así e todo, Leeuwenhoek tiña bastante tempo libre para investigar o mundo que o rodeaba.

Carecía case por completo de formación e, nembargante, precisamente por iso, non tiña os prexuízos anatómicos da época. Realizaba as súas observacións como as faría un neno. Leeuwenhoek montou unha lente nunha placa de latón que se sostiña moi preto do ollo. Mediante un sistema de parafusos observábanse as mostras cun alfinete. En realidade este primeiro microscopio era unha lupa de boísima calidade que podía chegar ata 200 aumentos. Grazas a estes inventos Leeuwenhoek foi o primeiro humano en ver bacterias. Chamounas “animáculos”.
Precisamente este descubrimento fíxoo enfrontarse á teoría da xeración espontánea. Tamén foi o descubridor dos glóbulos vermellos, dos espermatozoides, dos protozoos e dos ciclos vitais dos insectos.
Microscopio de Leeuwenhoek

Leeuwenhoek non compartiu con ninguén a forma de pulir e tallar as lentes, e tampouco deixou instrucións de como facelo. Era moi posesivo ca súa creación e por iso cando morreu a técnica desapareceu con el. Tardáronse 200 anos en desenvolver unha técnica equivalente á súa. Fixo mais de 500 microscopios e destruíu a maior parte. Nunca vendeu ningún pero pénsase que regalou dous a Reina María II de Inglaterra, mais nunca se atoparon. Cando morreu chegaron 26 á Royal Society de Londres que nunca foron empregados e que probablemente se perderon nun incendio un século despois. Actualmente consérvanse 10 microscopios de Leeuwenhoek.

Viviu toda a súa vida en Delft e alí morreu, no 1723, con 90 anos, dunha enfermidade á que lle puxeron o seu nome, a mioclono respiratorio.

María Jacobs Sánchez. 4º ESO B.

martes, 4 de outubro de 2016

Arrancamos cos Premios Nobel

Comezou a semana co anuncio do Premio Nobel de Medicina 2016. Recibiuno o investigador xaponés Yoshinori Osumi polo descubrimento do proceso de autofaxia nas células. Este mecanismo permite que as células reciclen continuamente os seus compoñentes e cando é masivo provoca a chamada morte celular programada, coñecida como apoptose.
Hoxe acaba de anunciarse o premio Nobel de física, outorgado a tres físicos británicos:

luns, 6 de xuño de 2016

martes, 12 de abril de 2016

luns, 11 de abril de 2016

Xenómica e ambiente, unha lección maxistral de Anxo Carracedo

Fotografámonos co doutor Carracedo
O pasado 1 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de Bioloxía de 2º de Bacharelato asistiron á conferencia que sobre xenómica e ambiente impartiu o doutor Anxo Carracedo no Coliseo Noela de Noia. Partindo da historia do Proxecto Xenoma Humano, e utilizando múltiples exemplos, algúns extraídos das súas propias investigacións, foinos introducindo no apaixoante mundo da investigación biomédica do século XXI.
Falounos de xenómica, de epixenómica e do microbioma.  De polimorfismos dun só nucleótido (SNPs), dos proxectos ENCODE e Hap-Map. Da mutación de "splicing" presente en tódolos cancros de mama de orixe xenética que se diagnostican en Galicia. Explicounos a importancia evolutiva dunha característica xenética que proporciona ás persoas que a posúen a necesidade de buscar cousas novas ("novelty seeking"). Contounos que esa característica que noutros contextos é unha vantaxe,  fai que teñan dificultades para adaptarse ao noso sistema educativo, e que sexan diagnosticadas de TDAH e medicadas. 
O interese dos temas tratados, traduciuse nun longo e animado coloquio. Antes de regresar tivemos a oportunidade de falar persoalmente con Anxo Carracedo, que seguiu compartindo con nós a súa sabiduría e sentido do humor e soubo contaxiarnos co seu optimismo.
Aquí podedes ver o vídeo da conferencia. Recoméndovolo.

venres, 8 de abril de 2016

Centro de visitantes Telesforo Bravo. Parque Nacional do Teide

O pasado 15 de marzo, dentro do Intercambio Climático con Canarias, visitamos o centro Telesforo Bravo, situado no concello tinerfeño de La Orotava. Unha vez alí, realizamos un percorrido virtual polo Parque Nacional do Teide. Entre outras moitas informacións relevantes, sorprendeunos saber a importancia que un ave migratoria, como o merlo capiblanco, ten para a reprodución do cedro do Teide e como o quentamento global está facendo que o merlo non necesite viaxar tan ao sur para invernar, poñendo en  perigo a supervivencia do cedro.  O resume dese día tocounos facelo a nós e contámolo neste vídeo. Nel tamén falamos de dous dos científicos que contribuíron á medición da altitude do Teide, o francés, Jean Charles Borda, e o pai da xeografía moderna, o alemán Alexander von Humboldt.

Mergullo con Océano Sostenible no Porto de Adeje (Tenerife)

Hoxe imos compartir con vós unha das actividades máis emocionantes que realizamos durante o Intercambio Climático con Canarias. Os  20 alumnos galegos do IES Virxe de Mar de Noia, do IES Poeta Añón de Outes, do IES Praia Barraña de Boiro, do IES Rosalía de Castro de Santiago e do CIP dos Dices de Rois, e os seus pares de intercambio, desprazáronse ás 8:30 do martes 16 de marzo de 2016 para estudar a recuperación do fondo oceánico do Puertito de Adeje que se está a levar a cabo dende o ano 2009 no marco proxecto Océano Sostenible.
Cada alumno descendeu 10 metros de profundidade ata visualizar ben o fondo. Para facelo tivo á súa disposición o equipamento necesario para o mergullo con botellas de aire e en todo momento estivo acompañado por un mergullador do proxecto Océano Sostenible. Durante o descenso observaron a fauna, formacións rochosas e algas do fondo recollendo imaxes de foto fixo e de vídeo. Na organización da actividade o grupo dividiuse en catro equipos de traballo de 10 estudantes cada equipo.

Antes de iniciar o mergullo os 40 alumnos implicados no intercambio recibiron a visita da Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Adeje, quen deu a benvida aos alumnos e presentou a aula do mar que están a impulsar dende o concello no marco do proxecto Océano Sostenible. Con motivo desta visita, os alumnos procederon a desenvolver un acto simbólico para lembrar a participación de Climántica 2016 nesta actividade nas costas de Adeje. Este acto consistiu na liberación dunha pardela e dunha tartaruga que recuperaron os servizos veterinarios da aula do mar. No caso da tartaruga analizouse o complexidade da recuperación, pois a intervención consistiu en reparar os danos que lle ocasionou unha hélice dun barco, requirindo dunha reparación mediante o uso de fibra de vidro.