Mapa da epidemia en África |
O virus do Ébola é o causante dunha grave enfermidade hemorráxica para a que non existe vacina nin tratamento que garanta a súa curación.
É unha enfermidade emerxente, descoñecida para a ciencia ata os anos setenta do pasado século XX. Mais dende a súa aparición na República Centroafricana do Congo leva décadas espallándose por África. Na actualidade, Liberia e Serra Leoa están sufrindo un gravísimo brote da enfermidade.
A facilidade e rapidez coa que podemos viaxar dun lugar a outro do planeta, fai temer que o virus, provoque unha pandemia .
A repatriación de varios cooperantes contaxiados aos seus países de orixe, permitiu a chegada do virus, de maneira controlada, a diversas cidades europeas e norteamericanas.
En Madrid acaba de producirse o primeiro contaxio documentado do virus fóra de África. A persoa afectada é unha auxiliar de enfermería que atendeu, de maneira voluntaria e sen entrenamento previo, a dous misioneiros que finalmente faleceron a causa desta enfermidade. Investígase en que momento se rompeu o protocolo de seguridade.
Dous datos para a tranquilidade, o virus só se transmite por contacto directo de persoa a persoa e fóra do corpo humano, en contacto co aire, degrádase en poucas horas.
Cales credes que son as claves para frear as pragas do século XXI? Que vos parecen, para empezar, sistemas sanitarios públicos sólidos e de calidade, cooperación internacional e educación?

Ningún comentario:
Publicar un comentario