Stucky, Davis e Corma |
O Premio Príncipe de Asturias de investigación científica e técnica foi este ano para tres químicos que traballan no eido da ciencia de materiais e a nanotecnoloxía.
O español Avelino Corma, e os estadounidenses Mark Davis e Galen Stucky recolleron o galardón un día despois do día do mol, a festa oficiosa dos químicos norteamericanos, que se celebra entre as 6:02 am e as 6:02 pm do 23 de outubro. Esta hora e data forman, máis ou menos, o número de Avogadro: 6,02 x 1023.
Os pioneiros da nanotecnoloxía, o xaponés Sumio Iijima, e os estadounidenses Shuji Nakamura, Robert Langer, George M. Whitesides e Tobin Marks xa recibiron o Príncipe de Asturias no 2008. Un deles, Shuji Nakamura, ven se recibir o Premio Nobel de Física pola invencion do LED. Por certo, sabiades que as nanopartículas cumpren os doce prinpios da química sostible?

Ningún comentario:
Publicar un comentario