|
Kary Mullis, o inventor da PCR |
Por que isto é o que din as dúas últimas PCR que se lle realizaron. En calquera periódico que abramos hoxe, encontramos esta información e o nome deste test descoñecido para a maioría. Pero, de que tipo de proba se trata? Que significan as siglas PCR? Procedemento completamente rutinario? Podería ser, pero non. PCR son as siglas en inglés da
reacción en cadea da polimerase (Polymerase Chain Reaction), unha análise de
ADN que permite identificar a pegada xenética dun virus no sangue da persoa infectada. Preguntarédesvos como é posible, co pequenos que son os virus e o pouco material xenético que teñen. A explicación está en que a PCR permite obter enormes cantidades de ADN a partir dunha cantidade moi pequena, como a que pode obterse nunha mostra de sangue.
Esta técnica debémoslla ao xenial bioquímico norteamericano,
Kary Mullis que a puxo a punto en 1986. O seu descubrimento revolucionou de tal maneira a Bioloxía Molecular que o fixo merecedor do
Premio Nobel de Química en 1993.
No caso do virus do Ébola, existe un pequeno problema para aplicar esta técnica: non ten ADN, os seus xenes son de
ARN. Afortunadamente, existe unha encima, a
retrotranscriptase, unha pequena máquina molecular, capaz de transformar o ARN en ADN, listo para ser amplificado pola PCR. Se non hai virus non hai ARN para transformar en ADN, non hai amplificación e o resultado da PCR é negativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario