Donald Johanson, descubridor de Lucy, con Lucy |
No ano 1973, o antropólogo estadounidense Donald Johanson, que se encontraba traballando en Etiopía, descubriu un fósil de xeonllo moi parecido ao dun humano. Ao ano seguinte, o 24 de novembro de 1974, atopou o esqueleto de homínido máis completo descuberto ata aquel momento. O fósil correspondía a unha femia bípeda cun cerebro moi pequeno e tiña 3,2 millóns de anos de antigüidade. Chamarona Lucy, pola canción dos Beatles. Máis adiante deuselle un nome científico, Austrralopithecus afarensis.
Cando estudamos a evolución humana, preguntámonos que nos fixo humanos. Foi o noso gran cerebro? Foi a nosa capacidade de camiñar de pe? E que foi primeiro? O descubrimento de Lucy, amosounos que os nosos antepasados, camiñaron ergueitos moito antes de comezar a fabricar as primeiras ferramentas de pedra e de desenvolver cerebros grandes. Parece que a bipedestación foi o primeiro.
Nesta páxina podedes escoitar a historia do descubrimento de Lucy contada por Donald Johanson. Está en inglés, neste enlace podedes encontrar a tradución completa ao español.
Ningún comentario:
Publicar un comentario