Manjul Bhargava |
Fillo de inmigrantes hindúes, Manjul Bhargava ten as nacionalidades canadiana e norteamericana. Este catedrático da Universidade de Princeton acaba de cumprir 40 anos. Como experto en Teoría de Números, estuda os números enteiros, especialmente os números primos. Entre os seus logros está ter ampliado e simplificado o traballo do lendario matemático alemán do século XVIII, Carl Friedrich Gauss, coa axuda dun cubo de Rubik. Tamén investiga as curvas elípticas, obxectos que permiten pasar da Teoría de Números á Xeometría para atopar solucións racionais a unha ecuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario