Xa estamos alí, pousados por primeira vez na superficie dun cometa, listos para cartografalo e analizar a súa composición química e mineralóxica. Desexando saber máis sobre a orixe do Sistema Solar, os nosos océanos e a vida. Estudando a maneira de perfeccionar a tecnoloxía que nos permite obter enerxía de fontes limpas e renovables como a luz do Sol. Serviranos tamén para aprender a evitar futuros impactos de cometas ou asteroides. Parécevos que paga a pena investir en Ciencia?
Ningún comentario:
Publicar un comentario